Páxina creada por Dunia Álvarez Prieto

Diferenciar concepto en tres ámbitos

Teaser publicitario: O teaser é a voz inglesa que se emprega para denomina-las campañas de intriga. Unha campaña teaser apunta cara a curiosidade do espectador sobre un produto que aínda se descoñece, pois nela non se fai visible nin o nome nin a marca do mesmo. É unha técnica habitual no lanzamento dun produto ou servizo para esperta-lo interese, mostrando en posteriores fases publicitarias a resolución e completando así o suspense que se creou en torno ó produto.

Exemplo
Revívelo (Campaña de Atrápalo. En ningún momento o nome da compañía aparece no spot, hai que averigualo)
Eurocopa (Cuatro) (En ningún momeno se fai referencia explícita á Eurocopa)
Algo está pasando en Mercedes (Aínda que neste caso si aparece a marca, descoñecese o produto. Sabemos que se anuncia un coche, pero non cal, hai que averigualo)


Fontes
GOMEZ, Francisco y BORT, Iván. Del cine a la televisión: de 24 fotogramas por segundo a 24 episodios por temporada. Enlace, abr. 2009, vol.6, no.1, p.25-41. ISSN 1690-7515 Dispoñible na Web: http://www.scielo.org.ve/scielo.php?pid=S1690-75152009000100003&script=sci_arttext&tlng=es (13/12/2011)
Atrápalo lanza una campaña “teaser” en televisión que jamás será resuelta. Dispoñible na Web: http://www.marketingdirecto.com/creacion/spots/atrapalo-lanza-una-campana-teaser-en-television-que-jamas-sera-resuelta/




Teaser televisivo: No xénero das sitcom ou comedias de situación, que por cuestión de duración deben captar rápidamente ó espectador nos seus instantes iniciais, este primeiro acto de cada episodio (anterior ós créditos iniciais) soe denominarse teaser utilizando unha nomeclatura claramente publicitaria. Na mecánica do serial televisivo dramático o apelativo teaser antóllase insuficiente e incompleto, porque o de desenvolvemento - tanto en tempo como en contidos - soe ser maior e máis complexo, e por elo, e indudablemente pola súa fisionomía máis parella á linguaxe cinematográfica, deberiamos referirnos a el como incipit.

Exemplo
Como conocía a vuestra madre (How I met your mother) (Teaser ata os créditos iniciais, sitcom)
Friends (Teaser ata os créditos iniciais, sitcom)
House (Incipit ata os créditos iniciais, serie dramática)
Smallville (Incipit ata os créditos iniciais, serie dramática)


Fontes
BORT, Iván. De los créditos a los openings: quiebras y derivas de las partículas narrativas de apertura y cierre en las series de televisión dramáticas norteamericanas del nuevo milenio. Dispoñible na Web: http://www.aeic2010malaga.org/upload/ok/450.pdf (13/12/2011)



Teaser cinematográfico: Teaser trailer (trailer incitador): (to) tease: excitar e bromear cunha persoa cando non se pretende ter sexo con ela. A definición do verbo describe a propia natureza e función do teaser trailer. Neste sentido, o obxectivo teaser trailer é o de excita-lo espectador mostrando algo que sexa interesante sen pretender "dalo todo". Un teaser tamén é entendico como un problema con difícil solución, como un puzzle. Deste xeito, un teaser sería "un problema" cuxa única solución é ve-la película. Nunha campaña publicitaria o teaser trailer é o primeiro que se exhibe de cara ó público. Exhíbese antes incluso de que a pélicula estea rodada de todo, un ano ou 6 meses antes da súa estrea. Polo xeral, os teaser trailer nin sequera inclúen material filmado da película, polo que algúns teaser trailers serían tamén creative trailers. Deste xeito poderiamos distinguir tres tipos de teaser trailers: os creative teaser trailers, os teaser trailers standar, que son os que utilizan material prestado da película e montaxe discontínua, e os clip teaser trailer, que son os que utilizan un fragmento íntegro da película. Ten unha duración media que oscila entre 40 segundos e 1 minuto 20 segundos.

Exemplo
La red social (The social network) (teaser trailer - creative trailer, non inclúe material filmado da película)
Origen (Inception) (teaser trailer standar, inclúe material filmado da película)
REC (clip teaser trailer, secuencia íntegra da película)

Fontes
DORNALETECHE, Jon. Definición y naturaleza del trailer cinematográfico. Pensar la Publicidad. 2007, vol.I, no.2, p.99-116. ISSN 1887-8598. Dispoñible na Web: http://147.96.1.15/BUCM/revistas/inf/18878598/articulos/PEPU0707220099A.PDF (13/12/2011)